ENTROIDO 2022

O Entroido é celebrado en toda Europa dende épocas descoñecidas e non se sabe con certeza cal é a súa orixe. Algúns pensan que vén da tradición celta, mentras outros afirman que os comenzos desta festa, pódese encontrar na adoración a Baco.

É unha celebración de longa tradición popular, unha festa na que os costumes se relaxan, os roles , invírtense e un pode rirse de todo como fan os nosos rapaces da ESO.

Por isto, cando chega o mes de febreiro no noso centro xa se respira entroido. Como todos os anos, durante esta semana, seguiremos as instrucións do Meco. Esta vez manda que traiamos un gorro, un delantal, unha culler de pau… Xa adiviñastes de que nos imos disfrazar? Pois claro que si! O venres de entroido convertirémonos todos en elegantes cociñeiros e cociñeiras que de seguro prepararemos unha tarde de diversión con desfiles e baile. Iso é! moito baile. Que comece o entroido!!!

Buscador

Buscar

Buscador

Buscar