Esta semana desfrutamos da primeira sesión do proxecto #EnRedes 2025 que realizamos en colaboración coa nosa @anpasantoangel e a @ampasconcertadosourense. Este importante proxecto educativo busca fomentar a igualdade, a convivencia positiva e o uso responsable das novas tecnoloxías entre o noso alumnado.
Os estudantes de 1º da ESO foron os primeiros en participar na fase de obradoiros. Grazas á colaboración dos psicólogos de Sinapsis, o alumnado aprendeu a establecer relacións positivas como base para previr a violencia de xénero, promovendo unha cultura de respecto e igualdade.
Próxima parada: a radio!
O proxecto continúa, e agora os nosos alumnos e alumnas estanse a preparar para ser as voces da segunda fase. Proximamente participarán na gravación dun programa de radio, guiados por profesionais, onde compartirán as súas reflexións e aprendizaxes sobre a igualdade e a convivencia.
Queremos convidar a toda a comunidade educativa, especialmente ás familias, a escoitar os contidos desenvolvidos polo alumnado.
Permanezan atentos e atentas ás ondas!
#EnRedes2025 #Igualdade #ConvivenciaPositiva #RadioEscolar #ColexioSantoÁnxel