O Colexio Plurilingüe Santo Ángel – Calasancias recibirá unha das Medallas Pro Ecclesia Diocesana 2025, outorgadas pola Diocese de Ourense, nun acto que terá lugar o xoves 6 de novembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal de O Carballiño.
Este galardón chega no marco da celebración do centenario do noso colexio, un século educando xeracións de nenos e nenas en Ourense, acompañando familias e medrando xuntos en valores, coñecemento e esperanza.
O recoñecemento destaca a traxectoria educativa e humana do Santo Ángel, pola súa contribución a formar persoas comprometidas e pola transmisión dos valores cristiáns inspirados nos seus referentes, San Xosé de Calasanz e San Faustino Míguez, que continúan sendo guía e exemplo na nosa misión educativa.
Dende o colexio queremos compartir esta boa nova con toda a nosa comunidade educativa —alumnado, familias, profesorado e antigas xeracións—, porque este premio é froito do esforzo e da ilusión compartida durante estes cen anos de historia.
Ao rematar o acto, todos os asistentes están convidados a compartir un viño español no mesmo lugar.