A Carreira do San Martiño contou un ano mais coa presencia da familia do Colexio Santo Ángel, e ali estivemos nais, país, profes, alumnos e alumnas para disfrutar do maior acontecemento deportivo popular da nosa cidade.
O día regalounos unha mañá espléndida para completar o percorrido das diferentes categorías e os nosos atletas acadaron ese premio en forma de ovación do público asistente.
Parabéns a todos os nenos e nenas que completaron a proba e agradecer de novo ás familias a asistencia ao punto de encontro previo a cada proba. Voltaremos o vindeiro ano!