A Federación de ANPAS de centros concertados e privados de Ourense organiza a clausura do proyecto En RedesCon motivo do 25N, Día Internacional de eliminación da violencia de xénero, a Federación de ANPAS, a ANPA do colexio Santo Ángel e a nosa comunidade educativa organizaron un acto para clausurar os proxectos de Igualdade realizados este ano.
Estes proxectos desenvólvense co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade polo que ao acto acudiron o Delegado da Xunta en Ourense Gabriel Alén e o Xefe Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, Yago Borrajo. Ao acto sumaronse tamén representantes doutras ANPAS participantes no proxecto, a dirección de centro e unha boa parte do alumnado da ESO.
O acto final consistiu na elaboración dun mural cunha porta violeta no que se colocaron mariposas en honra ás 3 irmáns asasinadas nos anos 60 que diron orixe á conmemoración deste día. A música de Rozalén ambientou o acto coa reproducción da súa canción «La puerta violeta».
Dende o noso colexio sumámonos ás reivindicacións deste día e a promoción dun futuro libre de violencia de xénero.
Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.