Proxecto EnRedes

O alumnado de 1⁰ESO do centro desplazouse a ONDA CERO dentro do Proxecto EnRedes, para falar sobre violencia de xénero na semana en que se celebra o Día Internacional da eliminación da violencia sobre as mulleres. Rosalía, Eric, Hugo e Julia, explicaron á audiencia as opinións da mocidade en torno á violencia. Acompañounos Ana Martínez Subdirectora de tratamento do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar quen contestou ás preguntas que lle formularon e falou sobre as consecuencias da violencia de xénero nos centros penitenciarios. Este proxecto desenvolveuse a través da Federación de ANPAS de centros privados e concertados de Ourense co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Buscador

Buscador