PROYECTO VOZ NATURA

Por terceiro ano consecutivo o noso colexio embarcouse neste proxecto da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre co que os nenos teñen un contacto directo coa terra e as plantas.

Durante estes tres anos fixéronse traballos de xardinería (cos que se puxeron plantas de flores vistosas de diversas variedades) e traballos de horta cos que se plantaron desde allos ata amorodos pasando por pirixel, leitugas e cebolas, e este curso chegaremos ás patacas novas e ó millo.

É unha actividade que lles resulta moi atractiva e coa que se pode incentivar o traballo en equipo e a colaboración.

Buscador

Buscar

Buscador

Buscar