O proxecto de QUITINA chega á ONU: as alumnas presentaron o seu proxecto ambiental en Nova York

O pasado 15 de xullo, as alumnas Jimena, Alba, Ainhoa e Ángela, de 4º da ESO, viviron unha experiencia inesquecible: a presentación do seu proxecto QUITINA na sede das Nacións Unidas en Nova York, no marco do acto Youth as Agents of Change, organizado por EduCaixa.

Durante o evento, as estudantes expuxeron diante de líderes internacionais unha proposta innovadora e sostible para combater a contaminación mariña xerada polos palillos plásticos das bateas galegas. O proxecto consiste no deseño de palillos biodegradables elaborados con cunchas de mexillóns, ostras, vieiras e algas, materiais naturais que permiten substituír os actuais compoñentes plásticos por unha alternativa funcional e ecolóxica, aproveitando ademais os refugallos da industria marisqueira.

As alumnas tiveron a oportunidade de defender o proxecto ante figuras clave do sistema das Nacións Unidas e doutras institucións internacionais, como:

  • Héctor Gómez, embaixador representante permanente de España ante a ONU.

  • Wook-Jin Chang, xefe da sección de ONG do ECOSOC.

  • Dra. Priya Joshi, investigadora principal da UNESCO

  • Gwynne Gauntlett, directora de participación dixital do PNUD

  • Joan Rosas, director da oficina de representación da Fundación “la Caixa”

  • Ann Nicol, directora executiva de UNA-NYC

Ademais, participaron nun panel de expertos, onde recibiron feedback moi positivo sobre a viabilidade e o impacto ambiental do proxecto.

O paso pola sede da ONU foi só unha parte dunha viaxe transformadora. Como gañadoras do Campus EduCaixa 2025, celebrado en Barcelona, as alumnas tiveron a oportunidade de visitar e coñecer expertos e investigadores nas universidades de Harvard, Yale e no MIT.

Desde o colexio queremos felicitar a Jimena, Alba, Ainhoa e Ángela polo seu traballo e compromiso. 

Noticias en prensa: 

LA RAZÓN

Click na icona para ver a noticia

MAGISNET

Click na icona para ver a noticia

GCIENCIA

Click na icona para ver a noticia

LA REGIÓN

Click na icona para ver a noticia

Buscador

Buscar

Buscador

Buscar