EXCURSIÓN FIN DE ETAPA A CABÁRCENO

Voltamos a Cantabria! Por fin o noso alumnado de sexto de EP desfrutaron de 3 inesquecibles días de excursión visitando o “Parque de la naturaleza de Cabárceno”, percorrendo a Praia do Sardinero  e adentrándose nas nosas orixes grazas a un fantástico percorrido pola Neocova de Altamira e as Covas do Soplao.  

Nesta viaxe tamén aproveitamos para presenciar unha exhibición de distintas aves rapaces do planeta e, por primeira vez, puideron subir nun dos teleféricos, o que lles permitiu observar o parque desde outra perspectiva.

Foron uns días que quedarán sempre na memoria dos nosos alumnos e alumnas. Nestes días tiveron a oportunidade de convivir cos compañeiros/as do colexio nun ambiente diferente do habitual e ademais tiveron a posibilidade de observar, aprender e desfrutar de diferentes lugares e paisaxes.

 

Grazas por esta estupenda viaxe e parabéns polo voso gran comportamento! 

Buscador

Buscar

Buscador

Buscar